
A Veiga foi o primeiro destino Starlight de turismo astronómico en Galicia. Al-Majisti o novo festival que ven de abrir ás súas portas na capitalidade do concello, volve a cpnverter o seu ceu no epicentro. Conferencias, concertos, encontros literarios, películas, observacións astronómicas no Concello de A Veiga, desde hoxe ata o domingo.
Al-Majisti —festival de literatura, astronomía e música— é o novo certame do Concello da Veiga que foi inaugurado este 17 de maio ás 10:30 no Centro Astronómico de Trevinca.
O acto institucional acudiu Juan Anta, alcalde do municipio; Manuel Pardo Cid, delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense; César Manuel Fernández, vicepresidente segundo de Cultura, Educación e Deporte da Deputación Provincial de Ourense; e Xosé Manuel Merelles, director de Turismo de Galicia.
Merelles valora de maneira positiva este tipo de iniciativas. A maiores destacou o apoio levado a cabo «polo Goberno autonómico para conseguir que Galicia se posicione como destino Starlight, con destinos como A Veiga». Cabe recordar que este municipio foi un dos primeiros en conseguir esta certificación.

As xornadas do festival
Durante o 17, 18 e 19 de maio, A Veiga acollerá conferencias, encontros con autores, observacións astronómicas e actuacións musicais. A programación será moi variada durante estas xornadas. Por unha banda haberá encontros literarios con diferentes autores que asinarán as súas obras para distribuilas entre os asistentes. No eido musical, están previstas as actuacións de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre Coanhadeira.
As observacións astronómicas serán guiadas por Óscar Blanco Varela, director do CAT —Centro Astronómico de Trevinca—; e as conferencias versarán sobre o Real Observatorio da Armada, o Museo Casa-Colón de Valladolid, a Fundación Starlight, o Planetario de Pamplona ou o Consello da Cultura Galega.
Un festival que «está dirixido aos amantes da astronomía, da novela histórica e aos seguidores da música folk galega. Tamén ao público xeral que queiran coñecer aos autores». Haberá unha ludoteca para nenos na Biblioteca Municipal e actividades infantís.