
O Concello de A Veiga homologou o pasado ano tres rutas de sendeirismo de alta montaña, con características diferenciadoras do resto do sendeiros galegos existentes, converténdose nos primeiros sendeiros de alta montaña de Galicia. A estas súmanse dúas máis pendentes de homologación: a ruta da Senda Verde do Xares e a ruta Sinalización A Ponte-Trevinca.
O proxecto deste ano, unha segunda fase, é complementario das 3 rutas xa homologadas no ano 2016. A ruta número 2 é a Sinalización A Ponte- Trevinca polo Sestil Alto, e a ruta número 5 é a Senda Verde do Xares, unha ruta da BTT que discorre pola Senda Verde do Río Xares cun percorrido circular de 34 km, pasando polos núcleos de poboación situados na beira do encoro.
Este sendeiro non só está dirixido á práctica da BTT, senón que é a ruta máis utilizada e demandada por todos os veciños. Así mesmo haberá información deste e outros elementos turísticos mediante a colocación de paneis interpretativos e resto de sinalización precisa dos sendeiros homologados.
A súa alta cota servirá para atraer a sendeiristas e montañeiros que poderán desfrutar do teito de Galicia e dos únicos dous miles da nosa comunidade autónoma con maior facilidade.
A inversión neste proxecto terá como obxeto, non so a homologación dos sendeiros, senon tamén a limpieza e sinalización dos mesmos. O obxectivo global consiste na creación dunha ruta de sendeiros conectados entre eles a unha cota superior aos 1.000m, todo xestionado a través da correspondente homologación da Federación Galega de Montañismo. Cun orzamento total que ascende a 56.279,64€ subvencionado integramente por Turismo de Galicia a través das axudas convocadas para infraestruturas turísticas e sinalización dos recursos turísticos. Tamén está incluído no proxecto o acondicionamento e sinalización do mirador estelar A Tablilla das Lagoas. Este proceso pretende organizar e por en valor os recursos existentes e tirar de agora xa dous elementos diferenciadores en toda Galicia, posuír a montaña máis alta de Galicia, Pena Trevinca e ser o primeiro Destino Turístico Starlight.