sábado. 20.04.2024

O programa de recuperación de soutos posto en marcha o pasado agosto polo concello de A Veiga conta xa con 150 castiñeiros. Así o explica o alcalde, Juan Anta, que confía en que “sexan moitos máis porque o programa púxose en marcha fai pouco tempo e hai moitos terreos abandoados”.  Ademáis da anunciada liña de xestión de terreos para cedelos ás persoas interesadas, dende o concello anuncian unha segunda liña de actuación que “porase en marcha nas próximas dous ou tres semanas”. Nesta ocasión é o propio concello o que porá a disposición dos interesados “un importante número de castiñeiros que mercou para que a xente os poda plantar, subvencionando unha parte”. A plantación destas árbores farase tamén nos próximas semanas.

Este proxecto de recuperación de soutos, integrado dentro do Plan para a conservación e mellora de terreos forestais, ten asinada unha partida presupuestaria de 12.000 euros, co doble obxetivo de incentivar á xente a non abandonar as súas terras e animar a outros a que as cuiden. Desta maneira, os donos dos soutos porán as súas árbores a disposición do concello recibindo a cambio 30 euros por castiñeiro e por ano, durante os primeiros dous anos. Pola outra banda, os arrendatarios comprometeranse a coidalas terras durante cuatro anos cunha subvención do 100% do prezo no primeiro ano, e do 50% no segundo.

A Veiga conta xa con 150 castiñeiros para o programa de recuperación de soutos