A Veiga camiñou en solidariedade polos afectados por cancro
Os participantes saían pasadas as 9.30 horas do domingo 18 de agosto, desde a Praza do Concello, para percorrer 6 quilómetros que os levaron ate a aldea de Baños. A chegada no mesmo lugar, xa que se tratába dun recorrido circular.
É a primeira andaina que se organiza na Veiga para recadar fondos para a Asociación Española Contra o Cancro. As voluntarias da AECC montaron na saída, unha mesa informativa das súas campañas e tamén venderon merchandising, coma pulseiras e gorras.
Tras dúas horas camiñando, os participantes foron recibidos pola Banda de Gaitas da Veiga e con froita e outros alimentos no lugar de onde partiran, a Praza do concello.
A Veiga recibiu aos 80 participantes nunha praza chea de cor, decorada cas labores das mulleres da Veiga dentro das actividades de Tecendo Soños. Non faltou o alcalde, Juan Anta, que non dubidou en achegar o seu donativo na mesa da AECC.