martes. 24.06.2025

A recuperación de soutos tradicionais un dos temas tratados entre Medio Rural e o Concello da Veiga

A Xunta e o Concello da Veiga afondan en vías de colaboración asuntos de interese para este concello ourensán
somoscomarca_240519_xunta_mediorural_conselleira_juananta
somoscomarca_240519_xunta_mediorural_conselleira_juananta

A recentemente nomeada conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo esta semana unha reunión co alcalde da Veiga, Juan Anta, para afondar nas vías de colaboración con esta localidade ourensá.

Nesta xuntanza abordaron temas de interese para ambas entidades, como é o plan piloto de recuperación de soutos tradicionais que se está a levar a cabo neste concello ou o fomento da gandaría en extensivo nesta zona de montaña, entre outras cuestións.

A recuperación de soutos tradicionais un dos temas tratados entre Medio Rural e o...