sábado. 20.04.2024

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, foi o encargado de entregar o camión autobomba ao GES da Veiga

Este mércores o Grupo de Emerxencias Supramunicipal da Veiga recibiu un camión autobomba Rural Pesada para que este equipo de emerxencias, de nova creación sexa dotado de equipamento ca finalidade de mellorar a eficacia nas súas intervencións garantindo a seguridade dos profesionais que o integran para poder realizar o traballo nas mellores condicións.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, foi o encargado de facer a entrega, destacando que o GES da Veiga é un dos 6 novos servizos creados ca fin de reducir os tempos de resposta en situación de risco.

Ademáis a posta en funcionamento deste equipo mellorará o mapa de emerxencias na comunidade sendo un exemplo de coordinación entre administracións, máis nun territorio con pobacións tan dispersas como é o de Galicia.

Por último o vicepresidente pediu a colaboración das administracións a hora de dotar de equipamento aos servizos de emerxencia que velan a diario pola seguridade dos veciños. Rueda recordou que a competencia corresponde aos concellos e as deputacións.

O Goberno galego destaca a importancia da labor dos GES na prevención dos lumes e como complemento aos servizos de emerxencias na súa extinción, Así, apoia tamén aos GES na dotación equipamento de emerxencias, con entregas como a de hoxe na Veiga.

O GES da Veiga recibe un camión autobomba