viernes. 29.03.2024

Dende a asociación A Galocha esperan recuperar o ano que ven todas as actividades suspendidas neste curso

O curso escolar 2021-21 está quedando marcado polo devenir da pandemia da COVID-19. Por elo prácticamente todos os cativos están a quedarse sen actividades como poden ser as diferentes excursións. Entre elas as da ANPA A Galocha da Veiga. Noelia Prieto, presidenta da asociación destaca en primeiro lugar que os nenos están sendo un exemplo para todos en canto as normas se refire.

Respecto as diferentes saídas que se organizan na primaveira, Prieto subliña que xa tiñan apalabrada unha a granxa escola de A Capilla, no veciño municipio do Bolo, lugar bonito e querido en verbas da presidenta.

Tampouco farán polo momento as saídas ao monte para coñecer a natureza e biodiversidade do Concello da Veiga. Pese a todo manteñen o contacto con Araceli Macías, organizadora das diferentes actividades.

Campaña solidaria

Este curso a nova directiva, na súa primeira actividade realizaron unha campaña de recollida de alimentos que consideran como moi boa. O único que salientan é que finalmente o Banco de Alimentos de Ourense non pudo ir ata A Veiga a polos produtos, sendo finalmente destinados a Cáritas do Barco.

Vida no rural

Dende a ANPA subliñan que a vida escolar no rural é moito máis doada, xa que os nenos en vez de compañeiros son irmáns. Noelia Prieto destaca que ela regresou o ano pasado para darlle aos seus fillos unha calidade de vida espectacular. A pesar da pandemia e de non ter nada programado esperan facer o dobre de actividades para o ano que ven.

O ANPA A Galocha detén as saídas dos cativos