sábado. 20.04.2024

O Concello de A Veiga comezará nos vindeiros días unha obras para «humanizar» a Praza do Concello, as veirarrúas na Rúa Nova, Rúa a Pateira, Praza do Toural e demáis partes da vila.

Para realizar esta labor, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo concederalle á Veiga unha subvención para a mellora de infraestructuras nos concellos de Galicia de 450.000 euros, que cubren o arranxo na súa totalidade.

Dende o Concello apuntan que esta reestruturación realízase «coa fin de fomentar a conservación e posta en valor do patrimonio histórico e cultural da Veiga, optimizando o nivel dos servizos e mellorando o tránsito de vehículos e persoas».

A tarefa principal será pavimentar a Praza do Concello, situada no centro urbano, e mellorar as condicións de accesibilidade quedando, deste xeito todo o terreo a un mesmo nivel. Ademais na Rúa Nova eliminaránse os cambios de rasante e alturas arranxando as veirarrúas. Tamén se lle adicará tempo ásinfraestruturas da Praza do Toural, á Rúa A Pateira, —cuxo vial se atopa nun estado bastante precario—  a outras zonas do pobo e, do mesmo xeito, ao alumbrado público.

Todas as actuacións serán realizadas en adoquín e pedra coa fin de garantir a sustentabilidade económica e o respeto polo patrimonio histórico da vila. Estes proxectos son intervencións destinadas a mellorar os servizos básicos necesarios para as peroas que viven na Veiga  e enfocadas hacia futuro dos veciños.

Melloras do centro urbano no Concello de A Veiga