
O camping para autocaravanas no Encoro de Prada —específicamente na Praia do Coiñedo, na Senda do Río Xares— abre, por fin, as súas portas esta primeira fin de semana do mes de xullo. Cunha capacidade para 13 casas móbiles, ofrece unha promoción especial: un 5% de desconto para as primeiras reservas durante todo este mes.
O espazo conta cos servizos de electricidade; auga potable; desagüe para augas grises e negras; conexión Wi-Fi gratuita; duchas e baños; área de picnic na contorna do recinto; parque infantil; todo nun emprazamento de praia de alta montaña.
Os hóspedes poden desfrutar de actividades como rutas de sendeirismo, ciclismo, rutas BTT ou bicicletas eléctricas, pesca, e deportes acuáticos. Ademáis, a proximidade a lugares como A Cántara da Moura permite ós visitantes explorar e desfrutar dos encantos locais.
As reservas poden realizarse no correo campingencorodeprada@gmail.com ou a través da Oficina de Turismo no 988 35 01 30.