viernes. 29.03.2024

Foi a una nova oportunidade de ver caer este ano as derradeiras bágoas de San Lourenzo no ceo da Veiga. A pasada noite desde os miradoiro As Tablillas, o Concello da Veiga organizou unha actividade baixo o nome  «Maratón de Estrelas», no que o fotógrafo Oscar Blanco —afeccionado á astronomía y especialista en fotografía nocturna— amosou aos máis de 120 participantes como ver o ceo ao traveso dun telescopio.

As 23:00 horas do 14 de agosto a música da Escola de Gaitas A Veiga soaba no miradoiro dando comezo así á actividade. Ao remate da observación, sobre as 2:00 horas, era de novo este grupo de gaitas o encargado de por fin a actividade deixando que o son das súas pezas musicais se espallase por entre as montañas y o ceo de Trevinca. Iso si, antes os asistentes tomaron un chocolate ben quentiño  «choconoitecer», que aínda que a temperatura da noite era boa, hai que ter presente a altitude á que se atopa o miradoiro, a esas horas os graos no termómetro baixan  considerablemente.

A observación da Vía Láctea e o relato de historias e lendas populares serán o eixo para as actividades que se van desenrolar esta noite na lagoa de Ocelo baixo o nome de «Soño dunha noite de verán».

«Trevinca montañas de estrelas»,  agrupou estas dúas actividades, máis a do 12 de agosto, «Choiva de estrelas». O Concello da Veiga promocionou así o seu destino Starlight da man do fotógrafo Oscar Blanco.

Foto de Oscar Blanco tomada o pasado 12 de agosto na Veiga

As últimas bágoas de San Lourenzo desde A Veiga na compaña de Oscar Blanco