A Veiga recupera as tradicións en Crianza Trevinca

A Veiga recupera as tradicións en Crianza Trevinca
A iniciativa que  ten como obxectivo revalorizar e seguir impulsando a figura das persoas gandeiras, agricultoras e artesáns celebrarase o 19 e 20 de outubro

A exposición que chega este ano á cuarta edición está organizada polo Concello da Veiga, en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o INORDE.

A iniciativa ten como obxectivo «revalorizar e seguir impulsando a figura das persoas gandeiras, agricultoras e artesáns», presentouse na Deputación de Ourense. O alcalde da Veiga, Juan Anta, e o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, foron os encargados de dar os detalles da Exposición Agrogandeira de Trevinca que se desenrolará o 19 e 20 de outubro.

Rosendo Fernández e Juan Anta durante a presentación na Deputación

«Volve ser reivindicativa. A gandería vai ser a protagonista, igual que os oficios tradicionais: a malla, a herba, a gadaña, a augardente. as castañas», subliñaba Anta. Ademais asegurou que se incorporarán ás demostracións «os perros guía con ovellas para o pastoreo e actividades relacionadas coa madeira. En definitiva  vamos seguir incluíndo actividades de distintas tradicións», declaraba.

O gobernante catalogou Crianza Trevinca como «unha homenaxe cara aquelas persoas que dan alma, valor e vida ao noso territorio, proporcionase tamén a vida no ámbito rural». «Queremos facer algo tradicional, algo reivindicativo, no que a xente do rural, a xente de A Veiga sexan os protagonistas».

Outra das novidades e a zoa «específica para nenos moi grande e con moitas actividades» e non faltará unha área para os gandeiros, outra para os oficios tradicionais, tamén para a venda de produtos locais».

A madeira traballada por Cristian Pombo o pasado ano

A exposición agrogandeira que leva recibido nestes catro anos un total de 4.000 visitantes é unha aposta segura. Durante toda a fin de semana haberá de xeito permanente exposición de gando, razas autóctonas e maquinaria agrícola. Stands de produtores locais e do sector primario, xunto con postos de artesanía e oficios tradicionais.

O programa conta con actividades xa asentadas pola boa aceptación de anos anteriores como o espectáculo ecuestre, talador de madeira, degustacións de produtos locais (carne, faba loba, mel Montañas de Trevinca, etc.), recuperación do oficio tradicional da malla, etc.

A demostración ecuestre volvera a Crianza Trevinca nesta nova edición

Na programación deste ano inclúense algunhas novidades de cara a abrir a exposición cada vez a un público máis amplo. Contarase cunha exhibición de cans de pastoreo, exposición de maquinaria agrícola antiga local i en colaboración coa Denominación de Orixe Valdeorras, catas de viños maridadas con produtos locais.

Contarase co «photocall» Crianza Trevinca, onde todos os visitantes se poderán facer como recordo unha foto da feira. Mantéñense os xogos tradicionais, o concurso Acarabuñando a Gadaña, xogos de bolos, etc.

E sen esquecer, a zona infantil “Espazo Crianciñas Trevinca“ durante toda a fin de se

O concurso agarabuñando a gadaña do pasado ano

mana, onde nenos e nenas desfrutarán de hinchables, xogos tradicionais, talleres de chapas, elaboración de chaveiros, pintacaras e ata deseño das súas propias mochilas como agasallo.

A zona de restauración con bares e restaurantes, onde poder degustar a gastronomía local. Tamén estará presente a Food Truck “Galicia Sabe A Mar”, da Consellería do Mar, para a posta en valor da actividade pesqueira.