
O Concello da Veiga quere «adecentar» varias praias para o seu disfrute, así o expresou o seu alcalde, Juan Anta, que explicou que «na praia dos Franceses estamos facendo un campo de voleipraia e fútbolpraia e temos proxectado facer un paseo que espero que en setembro esté rematado porque agora é imposible por tema de prazos e de adjudicación da obra».
O alcade asegura que será esta semana cando se adxudique a obra de acceso á praia do Coiñedo «por un prezo de preto de 40.000 euros».
Nesta última praia, o rexidor do municipio veigués explica que a intención é «rematar este ano a primeira fase para rematala o ano que ven; o problema está en que a pista é de terra e moita xente queixase polo problema do polvo que se levanta cando accedes co coche».
O vindeiro ano «imos intentar que no suceda dándolle formigón a esa pista de terra dende o tramo que ya o ten ata a Aula da Natureza». Aínda faltará unha última acometida que «buscará adecentar a zona con adoquín ou facer un paseo tanto para bicis como para viandantes, na procura dunha Veiga que a xente disfrute máis, tendo maiores infraestructuras», asegura o rexidor.