domingo. 15.06.2025

¡Xa está aquí a X Edición da Festa do Codillo de A Rúa!

portada

Todo listo para os 850 comensáis que degustarán o codillo de A Rúa. Xa se están cociñando as 1.200 metades de codillo, 1.700 chourizos, 400 kilos de patacas e 350 kilos de verdura; todo isto acompañado dun viño pingadelo da Bodega Cooperativa de A Rúa Virxe das Viñas, que xa se está atemperando. De postre haberá bica, café e licores dixestivos. Se aínda non tes a túa entrada, quedan algunhas dispoñibles nas dependencias do Concello. Pódese reservar espazo para grupos de, polo menos, 8 persoas.

O programa de actividades inclúe, ademáis do xantar popular, o acto de homenaxe ás entidades e persoeiros determinados este ano pola corporación municipal. Nesta edición serán dous deportistas que destacaron especialmente nas súas disciplinas. Por unha banda Luis Murillo Díaz, tenista; e por outra, Adrián Blanco Antelo, xogador de pádel. Ademais, haberá unha mención especial para a agrupación escolar Manuel Respino, que cumpriu 50 anos da súa inauguración.

Pero a festa non remata co xantar popular. Despois, poderemos disfrutar de distintos grupos de cantos de taberna que actuarán nos establecementos hostaleiros da localidade ao longo da tarde.

¡Xa está aquí a X Edición da Festa do Codillo de A Rúa!