Segue sen poderse consumir auga na Rúa por mor do brote de gastroenterite
Segundo nota informativa que envía o SERGAS respecto a restrición do uso da auga na Rúa por mor dun brote de gastroenterite, indícase que:
No marco da investigación do gromo de gastroenterite rexistrado no concello de A Rúa, os inspectores de saúde pública de Ourense tomaron mostras do abastecemento de auga de consumo humano, detectando a presenza de contaminación microbiolóxica na rede (coliformes e E. Coli).
Por este motivo comunicouse ao concello esta situación así como as restricións de uso mentres non se leve a cabo a limpeza e desinfección do depósito afectado así como da rede de abastecemento e se verifique, mediante analíticas, que a situación volve á normalidade.
Así, namentres as análises da auga do abastecemento non rexistren valores axeitados para o consumo humano, a Consellería de Sanidade comunicou ao Concello que tería que restrixir o uso. Non se poderá empregar este auga para:
- Nin para a súa inxesta (beber)
- Nin para preparación de alimentos
- Nin para a hixiene bucodental.
Poderá seguir empregándose a auga para a hixiene persoal e para a limpeza doméstica.
Segundo o bando do Concello de Petín, no municipio non hai ningunha restricción ao respecto