
O Bando publicado polo Concello da Rúa a primeira hora da tarde, deste xoves 6 de xullo, «restrínxese temporalmente o uso da auga de consumo de toda a zona de abastecemento mancomunada Petín-Rúa a calquera actividade que implique a súa inxestión ou uso alimentario ou hixiene bucal».
Tamén se engade que as zona de abastecemento de San Estevo e Campogrande até o Hotel Espafda poden consumir auga con normalidade.
«Ante o brote de gastroenterite detectado na Rúa e, para garantir as condicións sanitarias, imos proceder a valeirar e desinfectar o depósito da Artística. Neste momento xa se iniciou o procedemento»., aclaran nas redes sociais do Concello.
«Somos conscientes do transtorno que pode supoñer esta situación que agardamos que se resolva coa maior prontitude posible», remata o comunicado.