
O Concello de A Rúa fai un chamamento a todos os regantes de Vilela e A Rúa Vella para que se acheguen á xuntanza que se celebrará o vindeiro luns 20 de marzo na aula multiusos situada no segundo andar do concello.
A reunión será ás 19:00 horas e o obxectivo da mesma é tentar dar saída á situación de abandono na que se atopan as distintos canles de rego de A Rúa.
As canles de rego desta localidade están xestionados por unha única Comunidade de Regantes que sirve a Vilela e A Rúa Vella. Actualmente esta comunidade carece de directiva, o cal afecta á xestión das canles de rego das que, en moitas ocasións, se ten que facer cargo o propio concello. "Non é un tema que veña dun ano, nin de dous, nin de cinco, levámolo alongando moito tempo", sinalou a alcaldesa de A Rúa, María González Albert.
A rexedora manifestou a súa intención de que esta xuntanza sirva para que os regantes que utilizan este servizo se poñan de acordo entre eles e constitúan a súa comunidade, coa súa respectiva directiva para poder xestionar os seus propios canles de rego "como se fai en todos os concellos do país".
O concello pretende que todos os regantes aporten o seu punto de vista e posibles solucións, así como dende a entidade municipal esclarecerán as necesidades de manter este servizo en boas condicións prescindindo da axuda municipal.