
O encontro de pinchadiscos que este ano chegou a décimo primeira edición é todo un clásico nas Festas de Verán da Rúa. Os pinchadiscos son veciños aos que lles gusta a música e que noutro momentos si «pincharon» vinilos, agora fan unha selección dos temas que máis lles «molan».
Un combinado que rematou con Rafa Torres, o da «Jungla» e que tivo a máis un cento de persoas desfrutando dos temas seleccionados por Vicente, Cato, Ciri e Rafa Torres hasta que «las autoridades y el cuerpo lo permita».

Clásicos da quedada DJ ou pinchadiscos, como cada quen lle queira chamar, aínda que como o propio Solarat —concelleiro de Cultura do Concello da Rúa— recoñecía na entrevista a Radio Valdeorras Onda Cero «o encontro era de pin-cha-dis-cos pero agora xa nin hai aparatos de reprodución de discos a electrónica superouno pero, preténdese ese sabor vintage por iso se retrocede en décadas. Non é nada máis que recuperar dalgunha forma a cultura musical universal».
A sesión comezouna o propio concelleiro e a partir de aí todo foi a máis. O Primeiro tema que deixou soar Vicente foi o da raíña do rock, Tina Turner, que finou recentemente —o 24 de maio de 2023— e a partires de aí, aínda que a temperatura estaba «un pouco baixa», os ritmos aceleraron «a mente e os corpos».

A intención era recuperar a música de décadas pasadas e así foi. Vicente escolleu temas dos 60 e 70 Cato e Rafa Torres dos 80 0 90. Cato e Ciri fixeron a súa propia selección de temas.
