
A alcaldesa da Rúa, María González Albert, anunciou que o pleno ordinario previsto para este luns será finalmente celebrado este xoves, debido a un cambio na programación. A sesión tratará varios asuntos de interese para o municipio, entre eles, unha modificación de crédito que permitirá a ampliación do fondo de cooperación local.
Outro dos puntos importantes que se abordarán no pleno será a renovación do convenio da rede de bibliotecas da Xunta de Galicia. Este convenio actualízase cada catro anos.
Ademais, Albert destacou que na sesión presentarase o do expediente para a desafectación das vivendas situadas por encima do albergue de peregrinos público. «Son catro vivendas do grupo escolar». Este proceso interesa ao goberno local debido á alta demanda do albergue. A proposta é que o hospitaleiro durma nesa nova zona.
No apartado das mocións, a alcaldesa informou de que o Bloque Nacionalista Galego presentará unha en relación á xestión do lixo. O grupo político pide un cambio de modelo na recollida de residuos, argumentando que o sistema actual, baseado na empresa Sogama, «xa está obsoleto».
O cambio de contadores segue presente
En relación ao cambio de contadores, a alcaldesa fixo un chamamento aos veciños que teñan dúbidas sobre a instalación dos novos contadores de auga. Lembraron que todos os que necesiten realizar comprobacións previas poden poñerse en contacto co concello para facelo de maneira gratuíta. A medida pretende garantir que os novos dispositivos funcionen correctamente e resolver posibles incidencias.
Si desexa escoitar a entrevista completa pode facelo aquí: