domingo. 08.06.2025

O Parque do Aguillón da Rúa recibiu o folclore de Panamá, Senegal e México

Os 170 artistas participantes nas xornadas viaxaron ata Allariz e A Rúa no ecuador da programación

As Xornadas de Folclore chegaron ao ecuador da súa programación na Rúa. A numerosa asistencia de público e os entregados aplausos ao remate das actuacións son a mellor mostra do éxito deste evento cultural. Arredor de 200 persoas, entre membros das agrupacións, técnicos de iluminación e son, persoal de montaxe e decoración, guías e membros da organización, fan posible cada noite os festivais en dúas vilas distintas da provincia.

somoscomarca_240817_arua_xornadasfolclore (19)
Músico da agrupación de Senegal durante a actuación na Rúa

As Xornadas están organizadas pola  Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e dos diferentes concellos anfitrións.

somoscomarca_240817_arua_xornadasfolclore (11)
Os bailaríns de Senegal

Os asistentes ao encontro no Parque do Aguillón da Rúa descubriron o variado folclore chegado dende Panamá, Senegal e México,  cos grupos Academia Andrés Valiente, Danza y Proyecciones Folklóricas, de Panamá, Ballet Jammu de Senegal e o Ballet Folk Instituto Tecnológico de Celaya, México.

somoscomarca_240817_arua_xornadasfolclore (44)
Bailarín  do grupo Academia Andrés Valiente, Danza y Proyecciones Folklóricas, de Panamá 

Os traxes das bailarinas de Panamá cas súas cores cambiantes e o delicado do movemento das saias foi unha festa para a vista.

somoscomarca_240817_arua_xornadasfolclore (2)
Intre da actuación de Panamá

A agrupación procedente de Senegal, Ballet Jammu, que quere dicir “Paz”, é a máis pequena destas xornadas, con 15 compoñentes. Este ballet folclórico xurdiu en Dakar no ano 2008 e fusiona dúas ideas: facer un grupo de folclore estable e crear unha escola de música e danza. Neste grupo participan mozos músicos e bailaríns de todas as etnias de Senegal: Wolof, Bambara, Peul, Toutcouleur, …Nos seus espectáculos presentan as danzas máis tradicionais do Senegal como o Sabar ou o Djembe. Pero tamén coreografías con elementos de danza contemporánea, como "Africa". As súas impresionantes danzas combinan movementos cheos de enerxía cunha espectacular acrobacia, baseadas no ritmo Mbalax. Este ritmo obtense dos tambores Sabar, empregados durante séculos polos Wolof do Senegal. O grupo, na súa corta existencia, obtivo prestixiosos galardóns, premios e condecoracións polo rigor nas investigacións das súas tradicións e o traballo realizado en prol da súa cultura e conservación e difusión da etnografía.

somoscomarca_240817_arua_xornadasfolclore (36)
 A beleza das bailarinas e os precioso traxes da agrupación mexicana encandeou ao público da Rúa

Os vistosos traxes tradicionais e as músicas e danzas da Fundación Ballet Folclórico de Nosa Colombia, Yuan Yuan Dance Group de Taiwán e Kud Srem de Serbia ocuparon o campo da Barreira en Allariz, para o deleite do público asistente.

somoscomarca_240817_arua_xornadasfolclore (26)
Mázcaras coma as do Entroido ourensá víronse no escenario da Rúa

Quenda para Trives e O Carballiño

A XXXIX edición das Xornadas de Folclore chega hoxe as vilas de Trives e O Carballiño. A Praza Maior do Carballiño recibirá as agrupacións folclóricas de Panamá, Senegal e México, ás 22.30 horas, mentres que Colombia, Taiwán e Serbia despregarán o seu folclore na Rúa de San Martín, en Trives. A partir das 22.30 horas. Estes tres grupos xa actuaron no Barco a fin de semana pasada.

O Parque do Aguillón da Rúa recibiu o folclore de Panamá, Senegal e México