O museo da cidade de Lugo e A igrexa das Donas e O castelo do Pambre en Palas de Rei foron os tres lugares elixidos
O alumnado de 1º
de ESO do IES Cosme López Rodríguez estiveron onte, 11 de abril en lugo,
participando en varias actividades didácticas organizadas polos departamentos
de Lingua Galega e de Xeografía e Historia.
A primeira das actividades desenrolouse no Museo Provincial. Os rapaces e rapaces coñeceron o museo dun xeito orixinal e a xuízo dos organizadores «dunha maneira moi interesante». A través do denominado «Roteiro literario polo museo», deseñado polo departamento de Didáctica do MPLugo, sobre o museo e sobre o libro Contos de fantasmas no museo, recorreron o espazo de exposición da cidade. Seguindo o fío dos relatos lidos, foron coñecendo, sen apenas decatarse, este espazo emblemático da cidade.
También recorreron a muralla onde non deixaron de visitar a Torre chamada A Mosqueira, onde se aprecia os dous andares que posuía esta obra arquitectónica.
A visita á igrexa
románica de Vilar de Donas en Palas de Rei, foi a segunda das actividades. O
Alumnado puido apreciar tanto o edificio como o interior da igrexa. Nesta obra
arquitectónica cabe destacar as pinturas murais. Segundo nos din do colexio
esto foi posible «grazas a don Jesús, señor que moi amablemente nos guiou pola
súa historia». Situada no Camiño de
Santiago a igrexa monasterio de San Salvador de Vilar de Donas posúe unha planta
de cruz latina, unha espectacular portada y unha triple cabeceira. triple
cabecera. A lenda atribúe a fundación a un grupo de donas de Arias de
Monterroso, que aparecen representadas nos capiteles da nave maior. De aí ven o
nome de «donas». As súa orixe data do século XII. A igrexa construíuse no ano
1224, segundo una inscrición nol dintel de la portada sur.
O castelo de Pambre,
unha das mellores mostras da arquitectura medieval militar que existe en
Galicia, e das poucas que quedaron en pé tras a revolta irmandiña, foi a última
das visitas. O castelo é de planta cadrada, cercado por unha muralla de planta
irregular que se adapta ao terreo. Os muros son de cachotaría e sillaría de
granito. O edificio central fórmano a torre, de planta cadrada, flanqueada por
outras catro de menor tamaño, tamén cadradas, e comunicadas entre sí por unha
muralla.