jueves. 03.07.2025

O novo centro de saúde da Rúa recibirá máis de dous millóns de euros da Xunta

O centro poderá incorporar espazos como as consultas de enfermaría pediátrica ou do programa da muller, así como a sala de educación sanitaria ou o despacho de traballo social
Xuntadegalicia_centrodesalud_arua
O novo centro de saúde de A Rúa recibirá máis de dous millóns de euros da Xunta

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou ao seu alcalde, Álvaro Fernández, e ao persoal do centro de saúde, dos avances nos trámites para a construción do novo centro de saúde desta localidade, un inmoble no que a Xunta de Galicia prevé investir máis de dous millóns de euros.

García Comesaña comunicou ao rexidor rués e ao persoal que, dados os importantes avances na adquisición e urbanización da parcela efectuados polo Concello de A Rúa coa colaboración da Deputación de Ourense, a Xunta ten iniciado xa os trámites de contratación da infraestrutura.

Iso significa non só duplicar a superficie do actual centro de saúde, senón incorporar espazos que non existen agora, como as consultas de enfermaría pediátrica ou do programa da muller, así como a sala de educación sanitaria ou o despacho de traballo social.

Outras inversións nos centros de saúde

Ademais do centro de saúde da Rúa, a fase 0 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria da Xunta, contempla tamén na provincia un novo Centro Integral de Saúde na cidade de Ourense. Na fase 2 proxéctanse a reforma do centro de saúde e PAC de Viana do Bolo.

Centro de salud de VianaCentro de saúde de Viana do Bolo. Sonia R. Losada

Dende o ano 2009, a Xunta de Galicia construíu ou reformou un total de 92 centros de saúde, o que supuxo actuar sobre máis de 75.000 metros cadrados. A eles hai que engadir as dúas obras que arestora están en marcha. En total, a Administración autonómica investiu, nestes 12 anos, máis de 120 millóns de euros en infraestruturas sanitarias de atención primaria.

Centro de saúde do Bolo. Sonia R. Losada

Nesta mesma liña, e a través de cofinanciamento cos concellos, reformáronse centros de saúde como os de Leiro, Carballeda de Valdeorras, Lobios ou Cenlle. De feito, durante o ano 2021, o executivo galego tamén asinou convenios de reforma de centros de titularidade municipal como o de O Bolo ou Castro Caldelas.

somoscomarca_sobradelo_centrodesalud_2017_06_18 (49)Centro de sáude de Sobradelo. Sonia R.Losada

O novo centro de saúde da Rúa recibirá máis de dous millóns de euros da Xunta