Manuel García: «É que lle molestan ata as moscas!

Manolo na corte das ovellas motivo das desavenencias
Manolo na rúa principal de San Xulián
Manolo acariña unha vaca que está dando de mamar ao xatiño
A Border Collie de Manoloé lista coma un allo
Un gato que observa mentres tomamos café Manolo, Aurora e máis eu
Galos e pitas viven felices en San Xulián
Este Galo que cale que se non aínda lle han de tapar o pico
As ocas tamén se poden ver en San Xulián
Camada de gatos que vive no sofá de Manolo
Este operro observanos dende o alto dunha finca
A gatiña que coida os gatos de día
Galo branco a punto de galear
Cabritos aos que lle da de mamar Manolo polo biberón
É turno de noite e tócalle a gata siamesa
Os rebaños de cabras no monte fronte a San Xulián
Pita e galo, galo e pita debaixo do cereixón
Á Border Collie tamén lle gusta estar debaixo da cerdeira en flor
Vaca e xato pastan en plena rúa
Dous xatos na corte
Manolo contempla os seus cans
Rúa de San Xulián
Vistas da Rúa desde Somoza
Outra mamá vaca
Xato mamando na corte
Vaca e xato na corte
Un xatiño recén nado
Manolo acariñando a súa border collie
As cabras de Manolo son unha boa desbrozadora
Cabras pastando todo o que atopan
Cabras de Manolo
Esos puntiños que vedes son cabras ao outro lado da montaña
A Border Collie pastoreando as cabras de Manolo
Manolo durante a conversa
Aciñeira a saída de San Xulián, ou a entrada segundo se veña ou vaia
Manolo, un veciño de San Xulián (A Rúa), conta como a chegada á aldea, ano tras ano, de tres veciñas «repunantiñas» acaba ca paz e a tranquilidade dos veciños

Cando chega o mes de agosto as aldeas énchense de veciños e visitantes que veñen das grandes urbes de todo o país e incluso de máis aló. A San Xulián, o lugar onde vive Manolo, tamén lle toca recibir as xentes que voltan cada verán e entre elas están tres veciñas un tanto  «repunantiñas» tal como nos conta. « Moléstalles as vacas, o cheiro dás cuadras, que  as ovellas pasen por diante dá  súa casa  facendo  ruído…Estórballe todo, o perros, o ganado, todo, todo, todo».

En San Xulián hai 5 veciños e viven 9 persoas, todas con gando, hai un ano unanimemente asinaron un escrito que levaron ao Concello da Rúa  para que as tres veciñas que veñen polo verán —este ano adiantaron a súa chegada— os deixen vivir tranquilos. «Cada vez que veñen tómanas con uns, tómanas cos outros, agora tocoume a min», sinala Manolo.

Manolo acariña a unha das súas vacas mentres lle da de mamar ao xatiño

Manolo ten nestes momentos 11 vacas, 45 ovellas e 35 cabras que se inspeccionan polo servizo de medio ambiente e os veterinarios cando lle toca. Todos os seus animais están legais e inspeccionados e como el di «se non fora polas cabras o monte comeríanos a todos». «As ovellas téñoas nun curral ao lado da casa delas, entón din que lle ole moito, que lle dan vómitos e que se poñen malísimas. Que no pueden estar aquí», recalca. Pero é que as ovellas levan aí 200 ou 300 anos porque esa cuadra sempre se adicou elas, segundo el mesmo conta.

Na cuadra das ovellas motivo do conflito

«Elas cando veñen tamén teñen dúas ou tres pitas. As nosas pitas de todo o ano di o SEPRONA que non deberían andar fora e as delas si», apunta. «Eiquí toda a vida houbo ganado, paréceme imposible que esta xente que se criaran aquí e que se asusten agora», resalta. «É que lle teñen medo ás moscas!  Eu é, que na miña vida vin outro tal», continúa. «Hai unha que no puede ver las moscas y que le dan vómitos, que huele a Chanel número cinco, díxome onte».

Unha das rúas de San Xulián que segundo din as veciñas ole a Chanel Nº 5

O ganado que ten Manolo é para consumo propio e o que lle sobra dóallo á Cruz Vermella —unha parte para maiores e outra para os xóvenes—, tamén doa a  ACNUR .Desde medioambiental recoméndanlle que sacrifique parte do gando, pero el di que non ten por que. Sinala que mellor farían meténdose cos que tiran cociñas e «merda» aos  regatos. «Encantaríame desfacerme do ganado, que viñeras xóvenes que llo regalaba e hasta unha casa, pero mentres tanto vou seguir con el», explica.

Neste vídeo podedes ver e escoitar a conversa con Manolo:

 

Manolo e o seu amor a San Xulián e aos animais

Manolo instalouse un 12 de marzo de 2011 en San Xulián, despois de percorrer medio mundo decidiu que pasaría os anos que quedasen de vida na súa aldea natal. Chegou con 113 quilos e un cancro non tratado como el mesmo indica. Despois destes 11 anos superou ese mal aínda que agora está afectado de leucemia crónica, pesa 65 quilos e é moi, moi feliz en compañía dos seus animais. Pensa superar a enfermidade «gracias as cabras., as ovellas e as vacas, porque se non xa non me levantará da cama».

Esta é a do turno de noite

Tiña 40 gatos pero como o mesmo conta, «non sei se  mos mataron  ou se  morreron pero ou caso que  agora  quédanme dúas gatiñas que pariron a vez e coidan a camada xuntas. Unha aténdeos de noite e a outra de día.  Na cociña ten dous cabritiños aos que lle da de mamar. Levántase as catro e media da mañá para darlles unha toma.

Os cabritiños que cría Manolo a biberón

Manolo é feliz no seu San Xulián rodeado de animais dos que recibe máis cariño que lles da e que son unha das razóns para erguerse cada mañá e comezar un novo día.