lunes. 23.06.2025

Levántanse as restricións de consumo da auga na Rúa

Restablecese o normal subministro para todo o Concello e queda prohibido usar a auga da traída durante o período estival para «rego e análogos»
somoscomarca_petin_rua_cigarrosa_malecon_trasdopenedo_casilla_malecon2022 (3)

Segundo o bando da alcaldía deste 28 de xullo e despois de tres semanas de restricións restablecéndose o normal subministro para todo o concello quedando prohibido usar a auga da traída durante o período estival para para rego e análogos

«Despois de tres semanas de restricións no consumo humano de auga por fin, e tras ver os resultados favorábeis das últimas mostras tomadas nesta mesma semana en depósito, captación, rede e billa, podemos anunciar o fin das restricións ao consumo da auga en toda a zona afectada até este momento», comunícase no bando.

«Polo tanto desde este momento restablecemos o normal subministro para todo o concello unha vez que se eliminou na súa totalidade toda a presenza de rotavirus no noso sistema de abastecemento», continúa.

«Lembramos que na semana pasada o Concello procedeu ao peche dunha das nosas captacións o que reduce as nosas reservas. Por ese motivo lembramos que é importante limitar os usos aos estritamente necesarios, o que require da colaboración de toda a veciñanza para racionalizar o seu uso», resalta.

«Por todo isto queremos lembrar que continúa estando prohibido usar a auga da traída durante o período estival para: lavado de vehículos, rego de xardíns e hortas, enchido de piscinas, depósitos de auga para rego e análogos», conclúe.

Levántanse as restricións de consumo da auga na Rúa