lunes. 06.10.2025

A elaboración e cata de viños protagonistas do novo curso da UNED A Rúa

O curso ensinará a distinguir sabores e aromas e celebrarase do 24 de outubro ao 8 de novembro
somoscomarca_aveiga_mariaeugeniamedina
María Eugenia Medina docente del curso en la UNED de A Rúa

Aula Universitaria da UNED na Rúa de Valdeorras acollerá do 24 de outubro ao 8 de novembro de 2025 o I Curso de “Elaboración de viños tintos e brancos. Cata por variedades de uva”, que combina teoría e práctica para formar aos participantes no sector vitivinícola. As clases impartiranse os venres pola tarde e os sábados pola mañá, en modalidade presencial e en liña.

Organizado pola UNED Ourense e impartido por María Eugenia Medina González, enóloga e licenciada en Bioloxía, o curso ofrece unha formación práctica centrada nas singularidades de cada variedade de uva e nos conceptos específicos da elaboración de viños. Os asistentes poderán participar en catas guiadas de tintos e brancos, analizando aromas e sabores para desenvolver o seu paladar sensorial.

Con 16 horas lectivas, a matrícula ordinaria custa 35 euros, mentres que a especial en liña ten un prezo de 30 euros. A formación está especialmente orientada a apoiar o desenvolvemento do sector vinícola local, reforzar o seu valor turístico e cultural, e fomentar a sustentabilidade dos recursos locais.

A UNED destaca que cursos como este son clave para garantir a continuidad e evolución da industria do viño en Valdeorras, un territorio recoñecido pola súa calidade e tradición vitivinícola.

A elaboración e cata de viños protagonistas do novo curso da UNED A Rúa