domingo. 15.06.2025

Covas de Valdeorras « un relato coral sobre o patrimonio cultural e enográfico sobre o que supoñen as covas»

A Ruta do Viño presentou o documental de Cristina de la Torre sobre as covas  de Valdeorras,  «un retrato das xentes de Valdeorras e do que motiva a conservar estes espazos e a poñelos en valor»
somoscomarca_arua_covasdevaldeorras_presentaciondocumental_cristinadelatorre_20231186 (1)
'Covas de Valdeorras', «un relato coral sobre o patrimonio cultural e enográfico sobre o que supoñen as covas»

A Ruta do viño de Valdeorras presentou aos seus asociados e aos participante o documental «Covas de Valdeorras», de Cristina de la Torre. «Un evento moi especial que se celebrou dentro dunha cova na zona das Pinguelas, na parroquia de Santo Estevo, na Rúa», subliñou a directora.

O documental que dura 25 minutos foi rodado durante case dous anos aproveitando diferentes momentos tanto de elaboración como da utilización das covas. «É un relato coral sobre o patrimonio cultural e enográfico que supoñen as covas. Pero sobre todo, un retrato das xentes de Valdeorras e do que motiva a conservar estes espazos e a poñelos en valor», recalcou de la Torre.

Foi presentado pola propia directora, Cristina de la Torre con «un invitado moi especial», Manuel Gago —xornalista, divulgador, director do portal culturagalega.org— quen deu una introdución  falando da «importancia que ten este legado enográfico a hora de decidir as identidades dos lugares».

somoscomarca_arua_covasdevaldeorras_presentaciondocumental_cristinadelatorre_20231186 (14)

Era a segunda vez que Gago viña a Valdeorras convidado pola Ruta do viño. Amosouse moi sorprendido dos espazos de covas que puido visitar e celebrou cun colectivo, como a Ruta do Viño, destinara recursos para crear un relato sobre algo que é descoñecido en Galicia, como son as covas valdeorresas.

«A intención da Ruta do Viño con este documental e tamén co  propio evento da estrea e reivindicar un uso profesionalizado e lúdico, pero equilibrado do espazo das covas como parte  da oferta enoturística da comarca», salientou.

somoscomarca_arua_covasdevaldeorras_presentaciondocumental_cristinadelatorre_20231186 (15)
Asistentes á estrea entre os que se atopaban Eladio Santos, Enma González e Montse Rodríguez

Participaron  máis de 20 persoas entre profesionais das adegas asociadas á Ruta do Viño, conveiros, vecinos e veciñas de Petín, Vilamartín e Seadur e outros especialistas no tema como Carina Rodríguez, arquitecta técnica ou Soledad Figueroa, técnico de turismo.

«A estrea foi xenial, moitos aplausos e moi emotiva,  con todos os participantes na sala», destacou Cristina de la Torre. Asegurou que «se ten que camiñar cara una conciliación entre o sector  privado, entre as empresas e o sector dos coveiros. O que é a cultura popular e  os negocios de viño e de turismo. Porque as covas son un dos elementos patrimoniais máis valiosos e singulares  que hai na comarca».

somoscomarca_arua_covasdevaldeorras_presentaciondocumental_cristinadelatorre_20231186 (16)
Manuel Gago durante a presentación

A cova de Joaquín Rebolledo foi o lugar elixido para a estrea  e despois fixéronse visitas a algunha das covas de particulares da zona das Pinguelas —un lugar descoñecido para a xente da comarca que quedou marabillada do encanto da contorna—.

A xerenre do Inorde, Enma González; a alcaldesa de Petín, Raquel María Bautista; o concelleiro de Turismo e Comercio do Concello do Barco, Eladio Santos ou o presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez, entre outros, estiveron presentes na estrea.

somoscomarca_arua_covasdevaldeorras_presentaciondocumental_cristinadelatorre_20231186 (10)

«A xente, bebeu, comeu e desfrutou do entorno das Pinguelas que causou moita atención xa que moita xente non o coñecían», resaltou. Ademais da proxección do documental tamén se realizou un túnel do viño dentro da Cova  de Alán de Val coordinado por Jorge Mazaira, director técnico do Consello Regulador da D.O. Valdeorras e cun catering  de Terras Guigurras.

somoscomarca_arua_covasdevaldeorras_presentaciondocumental_cristinadelatorre_20231186 (8)
Jorge Mazaira, Sherezade Núñez y Cristina Núñez

«O documental vaise tratar de estrear en todos os concellos da comarca e está a disposición de colectivos  de asociación e centros de ensino que queiran facer proxeccións en formato auditorio», informou a directora. «Iniciará tamén un percorrido por festivais de cinema etnográfico  e dentro dun ano subirase a internet para que todo o mundo vexa o «bonitas que son as covas de Valdeorras», concluíu de la Torre cun sorriso nos beizos.

somoscomarca_arua_covasdevaldeorras_presentaciondocumental_cristinadelatorre_20231186 (12)
Terras Guigurras encargouse do servicio de comida

 

somoscomarca_arua_covasdevaldeorras_presentaciondocumental_cristinadelatorre_20231186 (3)
Diego de Terras Guigurras conversando cunha das asistentes

Covas de Valdeorras « un relato coral sobre o patrimonio cultural e enográfico sobre o...