jueves. 18.04.2024
somoscomarca_240316_arua_ajedrez_liga_ (3)

Quinta xornada da liga de xadrez que se celebra no atrio da igrexa de Santo Estevo,  na Rúa Vella. As partidas celébranse os sábados e comezan ás 17.00 horas para todas as divisiónS e as categorías. «Os xogadores teñen unha hora de xogo, máis trinta segundos por movemento de xogo. As partidas poden durar desde as cinco ás sete e media, ás veces ás oito, cando é una partida longa», sinala Cecilia Fernández, presidenta do Club Xadrez Valdeorras.

Agora, por mor da Semana Santa terán un parón de dúas semanas pero de seguro que os participantes na liga —son 11 en total, dos cales 8 son adultos e 3 menores que ademais comezaron este ano no club—. Están entre o carto e quinto posto na clasificación e no primeiro en ganas de que cada vez sexa máis a xente que practica este deporte que lle pon músculo ao cerebro.

somoscomarca_240316_arua_ajedrez_liga_ (1)
Durante a liga esta fin de semana na Rúa

Por esta razón Xadrez Valdeorras puxo en marcha ás clases no Barco, tras o éxito acadado na Rúa. Impártense os venres e tamén organizan xornadas de portas abertas «hai xente que nos di que lle gustaría xogar e non sabe con quen. No edificio da biblioteca do Barco temos habilitado un pequeno local onde se dan clases e aparte a xornada de portas abertas que normalmente é os venres de 17.30 a 19.00 horas», sinala a presidenta.

Polo momento están asistindo a estas clases dous grupos un de «secundaria e outro de primaria».  O lugar no que se imparten é  no número 6 da rúa Academia Dequidt . Información en horario de tarde nos seguintes números de teléfono: 698 17 14 21 (Iago) e 629 24 30 41 (Nardo).

Polo momento no se dan clases a persoas adultas, pero Cecilia lembra que calquera persoa afeccionada a este deporte pode poñerse en contacto e unirse ao club a través dos mesmos números de teléfono, do email do club ([email protected]) ou do Instagram (@xadrez_valdeorras).

Dúas semanas de parón na liga de xadrez por mor da Semana Santa