A artista valdeorresa Carina Rodríguez levará as súas obras ao Liceo de Ourense

Carina en MARCO Petín
Carina y unas amigas rodeada de sus obras en Marco Petín
Os cadros poderán verse na capital do 17 ao 31 de marzo

A artista valdeorresa Carina Rodríguez exporá as súas obras no Liceo de Ourense do 17 ao 31 deste mes de marzo. Esta muller dedica o tempo que lle queda libre a pintar e comezou a expoñer as súas obras hai relativamente pouco, aínda que leva dende os quince anos pintando.

Esta pintora comezou de maneira autodidacta ata os 35 anos. «O meu marido empurroume a acudir ao estudo do gran pintor Manuel Romero e foi unha persoa que me deu moitas ás, traballou en museos en Londres e dicíame que tiña que seguir apostando pola miña maneira de pintar», explica.

A súa primeira exposición foi en Cambre, cando vivía na Coruña. Porén cando comezou a súa andadura de vida en Valdeorras, «varios locais apostaron pola miña obra, é unha maneira de introducirse na dinámica das exposicións, de perder o medo».

Carina colle o pincel tras a conversa, o dela é a pintura

Así, a súa primeira gran exposición foi en Marco Petín. Carina Rodríguez recoñece que «o que a min me daba un pouco de medo, era que a xente non sabía que eu pintaba, e teño máis de 200 obras entre acuarelas, acrílicos..».

Carina abría a mostra de MARCO Petín en 2020

Anos atrás, recoñece que só tiña tempo para pintar e non para facer exposicións, pero agora «xa teño que empezar a expoñelos e a que se vexa o meu traballo». «O triunfo xa está, que é que o vou facer», afirma.

En MARCO Petín vestindo a súa obra e rodeada delas.

No só pinta ao óleo senon que tamén o fai con ceras, acuarela...

Carina mostra unha das súas obras feita con ceras

A pintura como válvula de escape

Carina Rodríguez utiliza a pintura como válvula de escape. «Cando pinto saco ganas de seguir co día a día», afirma, «gustaríame nalgún momento ter dúas mañás libres á semana para plantexarme unha obra máis sosegada, para ver que sae».

Nas súas mans un cadro feito con acuarela

Así, esa característica explosión de cor nas súas obras comeza cun lenzo en branco. «Para min é unha comunicación co cadro e vou facendo o que me pide», explica.

Telas, lienzos, todo vale con tal de enchelo de cor

En canto a inspiración, a súa vai dende un xesto dunha persoa, un baile tradicional, a pintura rupestre, o entroido de Viana e de Galicia en xeral ata o cambio cromático das estacións en Valdeorras. «Ás veces si que pinto cousas realistas, pero a maioría das veces é unha cor, un trazo, que é o que me recorda ese momento», explica, «ten que ser algo que me impacte».

En pleno proceso creativo no seu taller

Deseño e confección de roupa

Carina Rodríguez é unha artista 360º. De feito, tamén confecciona roupa a partires das súas obras. «O que máis me motiva para o tema da roupa é poder levar toda a cor que aparece nun lenzo», recoñece.

Aprendeu a coser durante a pandemia e agora fai a súa propia roupa coa axuda de Asun

O proceso de creación anteriormente consistía na compra de metros de tela, «colocábaos nun bastidor, pintaba a tela, e aprendín corte e confección». Porén, na actualidade consiste na impresión das obras en teas no que o resultado é «totalmente distinto».

Non deixes de ver a conversa que mantivemos con Carina no espazo onde crea as súas obras: