viernes. 11.07.2025

Os alumnos do CEIP Manuel Respino da Rúa apoian a La Palma cun sorriso

somoscomarca_arua_ceip_manuel_respino_platanos_canarias_lapalma_2021_10_08 (6)Os alumnos que así o desexasen participaron nesta actividade para mostrar o seu apoio aos veciños de La Palma, que viron como as edificacións e plantacións víronse arrasadas polo volcán de Cumbre Vieja

O departamento de Equipo de Dinamización de Lingua Galega do CEIP Manuel Respino realizou este venres, 8 de outubro, unha actividade simbólica en apoio ás familias agricultoras de La Palma, que dende fai case 3 semanas ven como as súas vivendas e terreos onde cultivan o plátano están sendo arrasados pola incidencia do volcán de Cumbre Vieja.

somoscomarca_arua_ceip_manuel_respino_platanos_canarias_lapalma_2021_10_08 (4)

A actividade titulouse “Un sorriso pola Palma” e para levala a cabo os alumnos e mestres que así o desaxen trouxeron un plátano para a merenda que se realizou na hora do recreo.

somoscomarca_arua_ceip_manuel_respino_platanos_canarias_lapalma_2021_10_08 (2)

Así os alumnos distribuíronse polo patio mantendo os grupos de convivencia estable e respetando as distancias colocando a froito a modo de sorriso e sacóuselles unha foto para ter o recordo desta actividade solidaria.

somoscomarca_arua_ceip_manuel_respino_platanos_canarias_lapalma_2021_10_08 (1)

Unha vez feito isto, os alumnos merendaron a froita que se cultiva en todo o arquipélago canario. A súa vez aproveitaron para falar sobre os volcáns na aula, as súas erupción, consecuencias sobre o terreo e tamén económicas.

Esta non é a primeira actividade que se realiza en Valdeorras para axudar as familias da isla canaria. Na feira do día 6 no Barco, efectivos de Protección Civil, recolleron doazóns de todos os veciños que quixeran colaborar no desastre que afecta a unha das illas máis pequenas da rexión dende fai 19 días.

Os alumnos do CEIP Manuel Respino da Rúa apoian a La Palma cun sorriso