Os alumnos do CEIP Manuel Respino da Rúa apoian a La Palma cun sorriso
O departamento de Equipo de Dinamización de Lingua Galega do CEIP Manuel Respino realizou este venres, 8 de outubro, unha actividade simbólica en apoio ás familias agricultoras de La Palma, que dende fai case 3 semanas ven como as súas vivendas e terreos onde cultivan o plátano están sendo arrasados pola incidencia do volcán de Cumbre Vieja.
A actividade titulouse “Un sorriso pola Palma” e para levala a cabo os alumnos e mestres que así o desaxen trouxeron un plátano para a merenda que se realizou na hora do recreo.
Así os alumnos distribuíronse polo patio mantendo os grupos de convivencia estable e respetando as distancias colocando a froito a modo de sorriso e sacóuselles unha foto para ter o recordo desta actividade solidaria.
Unha vez feito isto, os alumnos merendaron a froita que se cultiva en todo o arquipélago canario. A súa vez aproveitaron para falar sobre os volcáns na aula, as súas erupción, consecuencias sobre o terreo e tamén económicas.
Esta non é a primeira actividade que se realiza en Valdeorras para axudar as familias da isla canaria. Na feira do día 6 no Barco, efectivos de Protección Civil, recolleron doazóns de todos os veciños que quixeran colaborar no desastre que afecta a unha das illas máis pequenas da rexión dende fai 19 días.