Accidente na N-120 a altura da entrada da Rúa
Unha persoa de avanzada idade perdeu o control do seu vehículo cando viaxaba pola N-120 a altura da Rúa, por unha leve indisposición. Os feitos ocurriron pasadas as dez da noite, do 19 de agosto.
O conductor do vehículo, unha persoa diabética, que procedía de Ourense e que se dirixia ao Barco, notou que tiña unha baixada de azucre cando estaba transitando pola N-120, a altura do parque de bombeiros. Quixo entrar á vila pero cando estaba xa no acceso perdeu o control do seu coche que se saíu da vía e petou contra as barras de protección da estrada.
Por sorte non houbo que lamentar feridos, o qiue si tivo o vehículo foron danos materiais. Até o lugra o sinistro desplazouse Protección Civil da Rúa, a Garda Civil e o servizo de mantemento da N-120.