Abertal puxo o broche de ouro á celebración das Letras Galegas na Rúa
20 de mayo de 2023 (12:13 h.)
Un grupo de nenas e nenos, e tamén os maiores da agrupación cultural ruesa, fixeron as delicias das ducias de persoas que se deron cita na Praza do Concello da Rúa para render homenaxe ás Letras
A agrupación Abertal da Rúa homenaxeou ás Letras Galegas como mellor sabe, cantando e bailando para as ducias de persoas que se achegaron na tarde do venres 19 de maio á Praza do Concello da Rúa.
O son das pandeiretas, gaitas, acordeóns e tamboriles fixeron que os pés dos máis pequechos da agrupación se moveran sos.
Non faltaron á cita o alcalde e candidato ao PP Álvaro Fernández e a concelleira e candidata polo BNG, María González Álbert.
Unha tarde para lembrar a cultura e a lingua galega co son dunha terra.