jueves. 28.09.2023
somoscomarca_diadasletrasgalegas_2023_colegios_2023827 (38)
A Xunta seguirá apoiando as familias o vindeiro curso escolar con máis axudast

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, explicou que a Xunta de Galicia continuará apoiando  as familias no inicio do vindeiro curso escolar con máis axudas para facer fronte á inflación. En resposta a unha interpelación, o titular do departamento educativo do Goberno galego explicou que o Consello da Xunta xa ten autorizadas diversas medidas ao respecto, en relación coa compra de libros e material escolar, cos servizos complementarios de comedor e transporte e cos prezos de matrículas nas universidades públicas galegas.

Entre as novas medidas está “a suba das axudas á compra de libros e a extensión do vale de 75€ para material escolar para familias de rendas baixas. Ademais, por vez primeira,  60€ para todas as familias con renda ata 10.000€ per cápita”, explicou. 

No relativo aos servizos complementarios, o conselleiro explicou que se reforzan os comedores escolares cunha suba do 20% por menú e cun incremento tamén de beneficiarios e da mellora na prestación e organización e atención aos alumnos. Na mesma porcentaxe medran as achegas ás asociacións que xestionan o servizo de comedor adaptado para o alumnado con necesidades especiais e, nun 30%, as destinadas a facilitar a estes alumnos o servizo de transporte adaptado.

A maiores, conxélanse, por décimo terceiro curso consecutivo, os prezos públicos de matrícula universitaria. “O próximo curso –dixo o conselleiro– as familias galegas terán un aforro de 16M€, cunha medida que leva 13 anos consecutivos de aplicación. Ademais de ser referentes no Estado na política de taxas universitarias”. 

 

 

A Xunta seguirá apoiando as familias o vindeiro curso escolar con máis axudast