jueves. 28.03.2024
somoscomarca_petin_caminoalternativo_caminodeinvierno_ruta_2021 (16)
Xunta e os hostaleiros acordan solicitar o certificado covid

A Xunta e os hostaleiros acordaron solicitar o certificado covid —tanto de vacinación como de recuperación da enfermidade ou proba negativa— para acceder aos locais do sector co obxectivo de garantir a seguridade sanitaria debido ao aumento dos contaxios nas últimas semanas pero causando o mínimo prexuízo posible ao sector.

O Goberno galego, dacordo cos hostaleiros, proporá solicitar o certificado covid na hostalería, que require autorización previa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia —TSXG—. A previsión é solicitalo nos restaurantes durante todo o seu horario de apertura e nos bares e cafetarías a partir das 21,00 horas.

Con esta medida, que xa se está a empregar no ocio nocturno e nos albergues de peregrinos, así como nas visitas aos hospitais, preténdese garantir a seguridade sanitaria para que se poidan manter os horarios e a capacidade máxima do 100% actuais no sector hostaleiro.

A implantación do certificado covid abordouse na reunión desta tarde entre o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, con representantes da hostalería. Tamén se trataron outras medidas coas que garantir unha hostalería segura con axustes no número de persoas por mesa ou agrupacións de mesas cun máximo de 8 persoas no interior e 15 no exterior, fronte ás 10 no interior e os 20 das terrazas vixentes ata agora.

Xunta e hostaleiros acordan solicitar o certificado covid