A Xunta ratifica a disolución do consorcio contra incendios da Valdeorras

O Consello da Xunta ratificou onte os acordos adoptados polos plenos dos consorcios  contra incendios e salvamento da Comarcas de  Valdeorras,  no  cale  se  aprobaba  a  súa disolución,  para  a  posterior integración  no  Consorcio  Provincial  de  Ourense  para   a  prestación  do  Servizo  contra Incendios  e  Salvamento,  con  efectos  desde  o  1  de  xullo  de  2016,  co obxectivo  de homoxeneizar o servizo e cubrir a totalidade da provincia de Ourense.

Xunta  e  Deputación  de  Ourense  consideran  que  a  forma  máis  eficaz  e  eficiente  de xestionar os distintos parques comarcais é a través dun único consorcio, e consideran esta  fórmula  como  a  organización  idónea,  ao  integrar  os  consorcios  comarcais  de Valdeorras,  Verín,  A  Limia  e  O  Carballiño-  O  Ribeiro  e  aqueloutros  que  se  poidan integrar, constituír ou equipar. Desta maneira, os catro consorcios comarcais con que conta  a  provincia  de  Ourense  serán  disoltos  para  a súa  integración  e  intégranse  no consorcio provincial, coa achega por cada un deles dos medios técnicos e dos recursos con que conta.

O Consorcio Provincial de Ourense ten como obxectivo desenvolver competencias do Servizo  público  de  prevención,  extinción  de  incendios  e  salvamento,  ao  executar labores  de  prevención,  extinción  de  incendios  e  salvamento  que  se  lles  atribúen  na lexislación  aos  entes  consorciados,  mediante  a  xestión  e  coordinación  dos  parques, para garantir a prestación homoxénea do servizo.

Entre os fins do Consorcio están a colaboración cos servizos municipais de protección civil dos concellos para o salvamento de persoas e bens; a prevención e extinción de incendios; a prevención e actuación ante calquera tipo de sinistro ou situación de risco; e o asesoramento e asistencia, formación e información en materia de seguridade, que afecten persoas, edificacións e instalacións, así como o fomento da autoprotección.