miércoles. 16.07.2025

Valdeorras opta a 6 millóns de euros de fondos europeos para o seu desenvolvemento sostible

A Deputación de Ourense vén de presentar unha candidatura ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) para impulsar un Plan de Actuación Integrado (PAI) en Valdeorras. Este proxecto, podería recibir unha achega de ata 6 millóns de euros dentro dun orzamento total de 10 millóns
somoscomarca20250224_ourense_dupitacion_juntagobierno371
Valdeorras opta a 6 millóns de euros de fondos europeos para o seu desenvolvemento sostible

A Deputación de Ourense vén de presentar dúas candidaturas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) para impulsar Plans de Actuación Integrados (PAI) en Valdeorras e Ourense Sur. Estes proxectos, cun orzamento conxunto de 20 millóns de euros (10 millóns para cada zona), aspiran a obter unha achega de 12 millóns de euros, seis para cada un, co obxectivo de mellorar a planificación territorial, a sustentabilidade e a competitividade económica.

Baixo o nome de “Diagnose e Plan de Acción da Axenda Urbana de O Barco de Valdeorras”, o proxecto busca aplicar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) na comarca, apostando por un crecemento equilibrado que mellore a dimensión ambiental, económica e social do territorio. A proposta inclúe medidas para ordenar o territorio, fomentar unha economía máis competitiva e promover accións que beneficien a calidade de vida da poboación.

Desde a Deputación de Ourense destacan que esta iniciativa supón unha oportunidade clave para a comarca, xa que permitiría avanzar en políticas urbanísticas máis sostibles e potenciar infraestruturas estratéxicas para o futuro de Valdeorras. Se se aproba a axuda europea, os fondos permitirán implementar accións que incidan directamente na modernización e mellora dos servizos públicos, favorecendo un desenvolvemento máis equilibrado da comarca.

En paralelo, a Deputación tamén impulsa o plan “Axenda Urbana Ourense Sur”, que afecta os municipios de Barbadás, San Cibrao das Viñas, Ourense e O Pereiro de Aguiar. O obxectivo deste proxecto é mellorar a ordenación territorial da zona e potenciar o seu desenvolvemento sostible dentro do marco dos ODS, favorecendo unha maior cohesión territorial e económica.

Ademais, na última Xunta de Goberno, a Deputación aprobou axudas por un importe total de 70.721 euros para apoiar distintas entidades sociais, culturais e deportivas, entre as que se inclúen a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ourense, a Asociación Cultural La Troya e a Federación de Mulleres Rurais de Ourense.

A resolución das axudas europeas está pendente, pero desde a Deputación confían en que os proxectos para Valdeorras e Ourense Sur poidan recibir o financiamento necesario para converterse en referentes de desenvolvemento sostible en Galicia.

Valdeorras opta a 6 millóns de euros de fondos europeos para o seu desenvolvemento...