viernes. 29.03.2024

Lolo Andrade, técnico de Protección Civil de Cambre impartiu unha conferencia-coloquio, no Centro Cultural Santa Lucia de Vilamartín de Valdeorras. O tema, a loita contra a vespa velutina, destrucción e/ou retirada de niños.

As charla que comezou as 10:30 horas, reuniu a case medio cento de persoas entre as que se atopaban membros de Protección Civil da Rúa, O Bolo, Petín, Vilamartín ou o Barco, tamén persoal do GES de Valdeorras e apicultores da zona.

O entomólogo Lolo Andrade informou aos asistentes como actuar ante un niño de vespa velutina, cando é a mellor hora para destruílo, cantas persoas son necesarias ou con que facelo. Tamén se tivo en conta a protección individual e do medio ambiente.

Na comarca xa se neutralizaron máis de 20 niños e agora coa caída da folla aflorarán moitos máis, o que supón un problema do que a poboación en xeral non é moi consciente, segundo nos aseguraron desde a Asociación Valdeorresa de Apicultores, organizadora da charla.

Ao mesmo tempo que Andradre ía expoñendo os temas, resolvía as dúbidas dos presentes que tomaron parte activa e fixeron grande diversidade de preguntas.

Desde 2014, este coruñés de 46 anos, experto en pragas,  non deixa de crear e adaptar sistemas de captura para poñer fin a este temido insecto himenóptero que está campando na nosa terra.

Leva exterminado máis de cinco millóns de vespas asiáticas. Petardos, insecticidas xaropes ou explosivos controlados e feitos por el mesmo, todo vale con tal de por fin a esta praga. Cando non anda a caza das raíñas —en primavera— ou de niños —no verán e outono— ofrece charlas coma a de hoxe en Vilamartín. No que vai de 2018, Protección Civil de Cambre, á que pertence Lolo  leva capturado máis de 100 raíñas, todo un récord.

Os valdeorreses xa coñecen os métodos de Lolo conta a velutina