miércoles. 25.06.2025

«Non atender á sanidade cos medios que necesita provoca mortes e non pode ser»

Este sábado, 2 de abril, membros do Bloque Nacionalista Galego realizaban unha rolda de prensa na súa sede do Barco para reclamar a falta de cobertura nos servizos de urxencia dos concellos de montaña
somoscomarca_bng_maríaalbert_jesusvilasanchez_02_04_2022
«Non atender á sanidade cos medios que necesita pois provoca mortes e non pode ser»

Este sábado, 2 de abril, membros do Bloque Nacionalista Galego –BNG- realizaban unha rolda de prensa na súa sede do Barco para reclamar a falta de cobertura nos servizos de urxencia dos concellos de montaña do distrito sanitario de Valdeorras.

En relación á morte dunha veciña da Veiga o pasado 20 de marzo, o portavoz do partido no Concello do Barco, Jesús  Vilasánchez, explicaba que «o  concello é enorme e cunha dispersión poboación moi grande». Por iso, «un médico só, que é o do PAC —Servizo de Atención Continuada— de Viana, tócalle facerse cargo de 762 quilómetros cadrados de poboación dispersada de montaña».

«Cada vez que non haxa sanitarios de urxencia en Viana, o PAC do Barco ten que facerse cargo do territorio e da poboación do Bolo, e iso minora a capacidade de resposta que ten para a propia xente que leva a propio PAC do Barco», afirmaba o  concelleiro ao lembrar que «é unha situación que fala dunha mala organización».

Ademais, destacaba que «neste mes de abril, os concellos da Veiga e O Bolo, van atoparse de tarde e noite sen dotación médica e van ser atendidos polos PACs de Viana e do Barco».

Pola súa banda, María González Albert, portavoz parlamentaria do partido, explicaba que «é a última pinga de dentro dunha problemática moi xeneralizada dunha deterioración. Non atender á sanidade cos medios que necesita pois provoca mortes e non pode ser».

Desde o BNG presentarán unha serie de iniciativas para que desde a Xunta de Galicia expliquen como poder cubrir todas as necesidades nos concellos de montaña que expoñen desde o partido. «Non pode ser que haxa cidadáns de primeira e cidadáns de segunda, dependendo de se viven nunha cidade de costa ou no rural interior de Ourense», afirmaba.

Ademais, no próximo pleno do Parlamente en Santiago que levará a cabo o martes, 5 de abril, «vai debater unha pregunta referida ás problemáticas do contrato de seguridade privada que hai nos hospitais de Valdeorras e Verín».

«Non atender á sanidade cos medios que necesita provoca mortes e non pode ser»