Isabel Gavela: «O autor sempre busca unha excusa para falar do seu Vigo natal»
Ollos de Auga de Domingo Villar é unha das mellores opcións para adentrarse na lingua e cultura galegas
Nova sección con Isabel Gavela e novo top cinco dos libros máis vendidos en Librería Praxis:
1.- El último barco. Domingo Villar.
2.- Fariña. Nacho Carretero.
3.- La casa alemana. Anette Hess.
4.- El eco de la piel. Elia Barceló.
5.- Madera de savia azul. Jose Luis Soto
A proposta de Isabel Gavela no Día das Letras Galegas é a novel Ollos de Auga de Domingo Villar. ¿Onde sitúa o autor a novela? «Pois por suposto en Vigo, a súa terra; sempre busca calqueira excusa para describilo». O punto de partida da historia que acontece na novela é a aparición do cadáver dun atractivo saxofonista no seu apartamento, nun edificio na illa de Toralla. Conta Gavela que «o inspector Leo Caldas, da comisaría de Vigo, dirixe entón unha investigación que servirá ao lector como escusa para coñecer lugares e ambientes con encanto da cidade de Vigo».
O saxofonista Luis Reigosa, é outro persoaxe clave nesta historia. «Él pasaba o tempo tocando cun grupo de jazz nun club, e ensinando no conservatorio, sen inimigos coñecidos; sen embargo é vítima dunha morte cruel e dolorosa na que xoga un papel importante o formaldehído, sustancia que leva ao inspector a investigar nos laboratorios e hospitais da zona que manexan este produto».
Conta Gavela que a investigación sobre a morte de Reigosa, leva a Leo Caldas «a porse en contacto con dous mundos diferenciados: o dos grandes empresaios que parecen ter unha vida inquebrantable dentro e fóra dos seus negocios, e a dos baixos fondos, que parecían frecuentes para a víctima, debido ao seu traballo e a súa condición sexual».
«Encántame a elección dos personaxes principais, o inspector Leo Caldas, que se presenta coma unha persoa solitaria, que goza do bo viño e a boa comida, con música e vida nocturna». Pero tamén deixa que o lector coñeza «algúns aspectos, como a perda da súa nai cando era neno e a relación co seu pai, que agora está máis centrado en producir o seu propio viño».
Ollos de Auga de Domingo Villar é unha das mellores opcións para mergullarse na cultura e na lingua galegas.
Se desexa escoitar a sección de literatura de Isabel Gavela, faga clic na seguinte ligazón: