Feliz 2023!

Feliz 2023!
Recibamos o 2023 cun gran sorriso que estea presente ao longo dos 365 días que nos quedan por desfollar do almanaque da vida aínda cuns días sexan ca boca máis grande e outros con ela case pechada

Acabou un ano que, de seguro, para algúns trouxo boas novas, un novo ser na familia, un novo traballo, retomar vellas amizades, coñecer nova xente, compartir a vida ca persoa que queres.

Polo contrario, para outros a morte estivo presente nas súas vidas e iso é difícil de asumir e de xestionar. E, non só a perda física se non a que che deixa ese baleiro dentro que te inutiliza. Se as perdas dun familiar ou amigo  se unen outras separacións coma o alonxamento das persoas que queres, a perda do traballo ou a do bichiño que che fixo compañía; entón o ano aínda foi máis feo, poderíase dicir que «horribilis».

Tamén, hainos que nin fu, nin fa, este marchou e o que ven se cadra será mellor ou non, en todo caso, santiño déixame como estou.

Como di a canción de Mecano, que de seguro moitos cantástedes a pasada noite: «...A los que ya no están echaremos de menos/y a ver si espabilamos los que estamos vivos y el año que viene nos reímos».  Pois iso, comeza un novo ano, un 2023 ao que hai que mirar de fronte focalizando o esforzo no presente, mirando ao futuro pero sen esquecer o pasado, e sobre todo sen olvidar un sorriso!

Feliz 2023!