domingo. 25.02.2024
Mayores sentados en banco de Paseo do Malecó
Os dependentes que reciben atención no domicilio contarán con un bono de 5.000€ ao ano

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que os 20.000 dependentes que son coidados no seu domicilio comezarán a recibir en xaneiro un bono de 5000 euros ao ano. Así, xa nos primeiros días do mes o seu ingreso mensual actualizarase conforme á nova contía.

Este bono vai dirixido a todos os dependentes que están sendo atendidos no seu fogar, sen importar o grao de dependencia ou o nivel económico.

Da mesma forma, Rueda lembrou que as persoas con dependencia que vivan nunha residencia recibirán, tamén de forma automática e en xaneiro, un complemento universal de 1200 euros ao ano -100 euros ao mes- que chegará, neste caso, a 10.500 beneficiarios.

Galicia, mellor lugar para vivir e para envellecer

Deste xeito, o mandatario galego salientou que a partir de xaneiro máis de 30.000 persoas dependentes serán beneficiarios destes 150 millóns de euros que “son de absoluta xustiza”, valorou. “Se queremos que Galicia sexa o mellor lugar para vivir tamén ten que ser o mellor lugar para envellecer”, defendeu.

Grazas a estas iniciativas, Galicia convértese na primeira comunidade que emprende o camiño cara a universalización do sistema de coidados de dependencia e avanza no obxectivo de que cada galego poida elixir libremente como envellecer. Para iso, cóntase co axuda de ambos bonos, o que evidencia o compromiso da Xunta coa atención ás persoas dependentes.

Os dependentes que reciben atención no domicilio contarán con un bono de 5.000€ ao ano