Celia Lendoiro, nova xefa do servizo de otorrinolaringoloxía da Área Sanitaria

Celia Lendoiro, nova xefa do servizo de otorrinolaringoloxía da Área Sanitaria

Vencellada ao Hospital Universitario de Ourense desde 2006 está especializada na cirurxía oncolóxica de cabeza e pescozo e lidera o equipo de cirurxía robótica de ORL

 

Celia Lendoiro Álvarez é a nova responsable do Servizo de Otorrinolaringoloxía (ORL) da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras,  tomando o relevo á xubilación de Manuel Blanco Labrador, responsable deste servizo os últimos dez anos.

Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Navarra, no ano 2000, formouse como especialista, vía MIR de 2001 a 2005, no Complexo Hospitalario Gregorio Marañón de Madrid, desenvolvendo a súa carreira profesional no Hospital Universitario de Ourense, no  que traballa desde 2006.

Desenvolve a súa labor asistencial con especial dedicación á cirurxía da patoloxía oncolóxica que afecta a cabeza e pescozo. Asemade, no marco da súa práctica cirúrxica lidera o equipo de recente creación de cirurxía róbotica da súa especialidade, desde a a incorporación do novo equipamento Davinci ao hospital.

Desde a súa incorporación ao Hospital Universitario, en 2006, implícouse na docencia postgrao de futuros especialistas, como colaboradora docente, pasando a ser titora MIR da especialidade de ORL desde 2014.

Socia numeraria na Sociedade Española de Otorrinolaringoloxía e Cirurxía de Cabeza e pescozo é tamén vogal e socia numeraria da Sociedade Galega de ORL.