viernes. 29.03.2024
somoscomarca_obarco_bng_mitin_28m_susovilasanchez_20232023835 (1)
O BNG promete no Barco gobernar para "ás persoas" por riba dos "proxectos estrela"

O BNG apostou no Barco de Valdeorras por un goberno municipal que "antepoña ás persoas" e resolva os problemas cotiás dos veciños por riba das obras "estelares" e "proxectos estrela" doutras formacións políticas e nomeadamente o PSdeG-PSOE. 

Nun mitin celebrado no Barco, os nacionalistas defenderon o "dereito a decidir" dos veciños e as veciñas para promover un cambio o vindeiro 28 de maio da man do BNG, o único partido "fiable" que "non depende nin de Compostela nin de Madrid", en referencia á dirección nacional e autonómica de ambalas dúas formacións. 

O candidato á alcaldía polo BNG, Suso Vilasánchez, aproveitou a súa intervención neste acto, que contou coa presenza de Iago Tabarés e a deputada Noa Presas, para reivindicar a necesidade dun cambio, que pas por un goberno do BNG, única formación sen ataduras, frente "a sumisión" doutras forzas coma o PSOE nos últimos anos, co seu alcalde á cabeza, Alfredo García, partido que depende das directrices de Madrid. 

Para cambiar esta situación, Vilasánchez pediu o voto para "quitarlle a maioría" o PSOE e poder impulsar un programa "realista" na localidade. De feito, defendeu que senón cumplen o programa a cidadanía lles castigue nas urnas. 

somoscomarca_obarco_bng_mitin_28m_susovilasanchez_20232023835 (5)

Nesta mesma liña, Tabarés reivindicou o dereito a decidir o próximo 28-M para poder cambiar a xestión política no Barco e atender as cuestións prioritarias en materias de infraestruturas, servizos sociais o educación. 

Para o BNG, son a única forza que defende un reparto equitativo dos fondos aos Concellos a fin de que cada cidadán poida recibir os mesmos servizos públicos que teñen noutras poblacións como poden ser Soria ou Madrid. 

somoscomarca_obarco_bng_mitin_28m_susovilasanchez_20232023835 (4)

"Se cambiaramos o sistema de financiamento do Estado O Barco Valdeorras tería 750.000 euros máis e maís do mesmo coa Xunta, quen dos 800 millóns transferiu cero euros", dixo Tabarés, quen criticou a falta de mellores servizos. 

Como mostra, lamentou a situación sanitaria da comarca, cun hospital no que non se cubren as baixas ou as listas de agarda aumentan ademáis de aclarar que "faltan 22 especialistas" para cubrir a demanda da poboación. 

somoscomarca_obarco_bng_mitin_28m_susovilasanchez_20232023835 (7)

Todo elo, nunha lexislatura que mentres a Xunta define como "a do rural", o nacionalista lembra que "pecharonse cen centros educativos". 

Por todo isto, o BNG pediu transformar as eleccións municipais deste domingo nun "voto de dignidade" frente a outras formas de facer políticas e para dicir "que non nos gusta nada cousas que se están facendo" como ir "a 215 nun coche", ironizou Tabarés, en alusión á multa recibida polo presidente do PP provincial e da Deputación, Manuel Baltar. 

Desde a formación nacionalista prometeron gobernar "para as pesoas": "Non temos proxecto estrela nin queremos obras estelares"; concluiron. 

O BNG promete no Barco gobernar para "ás persoas" por riba dos "proxectos estrela"