jueves. 18.04.2024
Axudas para mercar vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes

A Xunta de Galicia destinará este ano máis de 1,5 millóns de euros a través dunha nova convocatoria do programa de axudas dirixido a mozos que opten por mercar a súa vivenda habitual nun concello de menos de 10.000 habitantes. Este é o orzamento mínimo garantido para esta liña de subvencións, que desde a súa posta en marcha no ano 2018 tivo unha gran acollida entre a xuventude galega.

Así o subliñou hoxe en Lugo a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. Neste sentido e con respecto ás axudas para compra de vivenda dirixidas aos menores de 35 anos, explicou que se prevén incentivos de ata 10.800 euros que favorecerán o asentamento da xuventude en zonas de Galicia cun menor dinamismo demográfico.

En concreto, a conselleira indicou que estas subvencións estarán dispoñibles para a mocidade no 82% dos municipios da Comunidade, xa que 257 concellos galegos teñen menos de 10.000 habitantes.

Axudas para mercar vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes