Axudas para mercar vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes

Axudas para mercar vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes
Se prevén incentivos de ata 10.800 euros que favorecerán o asentamento da xuventude en zonas de Galicia cun menor dinamismo demográfico

A Xunta de Galicia destinará este ano máis de 1,5 millóns de euros a través dunha nova convocatoria do programa de axudas dirixido a mozos que opten por mercar a súa vivenda habitual nun concello de menos de 10.000 habitantes. Este é o orzamento mínimo garantido para esta liña de subvencións, que desde a súa posta en marcha no ano 2018 tivo unha gran acollida entre a xuventude galega.

Así o subliñou hoxe en Lugo a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. Neste sentido e con respecto ás axudas para compra de vivenda dirixidas aos menores de 35 anos, explicou que se prevén incentivos de ata 10.800 euros que favorecerán o asentamento da xuventude en zonas de Galicia cun menor dinamismo demográfico.

En concreto, a conselleira indicou que estas subvencións estarán dispoñibles para a mocidade no 82% dos municipios da Comunidade, xa que 257 concellos galegos teñen menos de 10.000 habitantes.