
O documento asinado permitirá mellorar o crédito dos comercios do Barco
ABANCA asina un convenio de colaboración co Centro Comercial Aberto O Barco —CCA— que aposta polo apoio e crecemento dun dos sectores máis presentes na nosa comunidade como é o comercio local e de proximidade. O convenio foi asinado este mediodía no Barco pola presidenta do CCA O Barco, Sandra Moldes Rodríguez, a tesoreira do CCA O Barco, Catalina Moral Martínez, o director de zona de ABANCA en Ourense Este, Diego Daniel Fernández Borrajo, e o director da oficina de Abanca O Barco de Valdeorras, José Vicente García Méndez
Grazas a este convenio o banco pon a disposición dos comercios do Barco de Valdeorras un plan de financiamento que responde de maneira integral ás súas necesidades. O documento inclúe produtos e servizos que permiten tanto acometer investimentos, como reforzar a competitividade destes proxectos.
Así, os empresarios desta comarca contarán con produtos especificamente deseñados, entre os que destacan préstamos persoais e hipotecarios ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos. A oferta financeira de ABANCA inclúe tamén solucións para as necesidades máis inmediatas e así poder adecuarse ás demandas da actividade diaria. O colectivo terá á súa disposición outros produtos e servizos como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, corfirming ou factoring segundo as súas necesidades.
O convenio tamén reserva un espazo á internacionalización grazas ás liñas de comercio exterior e ao financiamento oficial a través de diversos programas do ICO e as SGR galegas. Do mesmo xeito, os comerciantes asociados do Barco poderán desfrutar das vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingreso de cheques ou outros servizos habituais. ABANCA, ademais, poñerá a súa disposición a banca electrónica, o Bróker Online ou ABANCA Pay. Tamén o servizo ‘Appúntame’, para xestionar de xeito sinxelo calquera tipo de cotas, domiciliacións ou subscricións tanto para eles como para seus clientes.
Apoio ao comercio local e de proximidade
Os asociados tamén poderán beneficiar de TPVs físicos e virtuais con grandes vantaxes así como do servizo ‘Alavuelta’, que permite aos comercios coñecer as claves do seu negocio, atraer a novos clientes e fidelizar os que xa teñen.
Ao coñecer a información de toda a operativa dos TPVs de ABANCA e o patrón de compra dos seus clientes con tarxeta, garantindo en todo momento o anonimato dos mesmos, os comercios poderán perfeccionar as súas estratexias de venta e adaptarse aos novos comportamentos de compra dos usuarios. Este servizo enmárcase no compromiso que mantén ABANCA co comercio local e de proximidade, beneficiando a comerciantes e empresarios, pero tamén aos seus clientes con outros servizos como ‘Applázame’ que permite unha financiación inmediata e segura dende o móbil.
O apoio a campañas como ‘Os Días Azuis do Comercio Galego’, tamén é indispensable no compromiso da entidade co comercio galego, xa que durante o seu desenvolvemento increméntase notablemente o consumo nos comercios, así como os beneficios para os consumidores, con descontos ou agasallos.