O obxetivo de estas tarefas de roza son as de permitir maior visibilidade e evitar posibles incendios forestais no futuro
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, ven de anunciar a realización das tarefas de roza en diferentes estradas de Galicia e tamén de Valdeorras.
Tras facer as correspondentes labores na OU-933 que descorre entre A Rúa e o límite ca provincia de Lugo, na parroquia de Alvaredos (Quiroga) e na OU-121 que comunica O Barco e Prada (A Veiga), agora chégalle o turno a OU-636 que une A Pobra de Trives con Freixido.
As intervencións teñen como obxectivos potenciar o efecto cortalumes das estradas; aumentar a seguridade viaria, cunha maior visibilidade; e fomentar unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil, retirando a súa vez especies pirófilas, que son máis propensas na propagación do lume.
Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas autonómicas e reducir progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario para evitar o uso destes productos.
Estas tarefas tamén as levan a cabo dende os propios concellos nas estradas de titularidade municipal, sobre todo nos meses de primavera, co fin tamén de evitar posibles incendios forestais e manter limpas as zonas de tránsito.