viernes. 22.09.2023
somoscomarca_trigal_samaca_irosa_desaucio_20233479 (17)
somoscomarca_trigal_samaca_irosa_desaucio_20233479 (17)

Os alcaldes e alcaldesas da comarca de Valdeorras ( A Rúa, A Veiga , Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras) queren expresar de forma unánime o seu apoio ao sector da lousa e aos traballadores afectados pola decisión xudicial de proceder ao desafiuzamento dos terreos nos que se atopa unha das empresas máis relevantes do sector da lousa de Valdeorras.

Malia que respetan a independencia xudicial, os alacaldes e alcaldesas queren poñer de manifesto as gravísimas consecuencias que esta decisión vai ter para o futuro da comarca posto que pon en perigo centos de postos de traballo directos e miles indirectos. “Está en xogo o sustento de numerosas familias da zona”.

Os rexedores e rexedoras van estudar posibles accións de mobilización social para apoiar aos traballadores e evitar o peche da compañía. “Tras unha decisión aparentemente normalizada que poñía fin á posible expropiación dos terreos, ningún erro burocrático, humano ou técnico pode ser escusa para por en perigo o futuro da comarca”, lamentaron os rexedores.

Os alcaldes de Valdeorras estudarán accións de mobilización social para apoiar aos...