sábado. 20.04.2024
Vilamartín

Vilanadal arrancou as súas actividades con numerosa participación

[row][double_paragraph][the_ad_placement id="nadal2018-izquierda"] [/double_paragraph][double_paragraph]

Dende o pasado día 24 e ata o vindeiro 4 de xaneiro estase realizando no Pavillón Municipal do Bañadoiro de Vilamartín unha nova edición do Vilanadal.

De 10:30 a 13:30 nas instalacións deportivas, os nenos que o desexen poderán acudir ao campamento urbán onde hai inchables, talleres e visitas especiais todos os días como fixeron os 38 nenos que estaban no día de hoxe na actividade promovida polo Concello de Vilamartín.

Todo aquel que teña entre 3 e 14 anos poderá participar, o prazo aínda está aberto. Estas actividades levaránse a cabo os días 27, 28 e 31 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro.

O prezo por 1 día e de 5 euros, mentres que ás inscricións poden facerse no Concello de Vilamartín de Valdeorras ou no teléfono 617594944.

Vilanadal arrancou as súas actividades con numerosa participación