Silvia Fiallega: «Regaláronos o que non teñen, un cachiño da súa memoria»
A presente edición de Córgomo Arte ten como temática o Alzheimer e nela expoñen 9 artistas de toda Galicia
Unha emocionada Silvia Fiallega, comisaria de Córgomo Arte, presentou na tarde do 7 de decembro ós 9 artistas que exporán na sala Conde Torino. A temática, o Alzheimer, é moi importante na presente edición, aínda que o realmente importante son os recordos como ela mesma explicou. «Somos o que vivimos, somos a experiencia que temos, somos o que recordamos o Alzeimer fai que perdamos o ser que somos porque perdemos todas esas vivencias».
Foi mencionando un a un os artistas comezando por Manolo Conde e Victorino Núñez «Torino» para seguir co tamén valdeorrés, Brais Fernández Vizcaya de quen dixo: «retorna a casa por Navidad». Faino cunha figura en madeira na honra do seu avó que morreu debido a esta enfermidade.
Despois, tempo para a sarriana, Violeta Bernardo que traballa a cerámica e presenta tres obras entre elas unha de pintura. Arturo Ceide, acuarelista presenta dúas paisaxes unha da mariña e outra da montaña «como recordo desas experiencias de vida», apuntou.
De Crystilandia de Escairón que sempre enche de cor as exposicións dixo: «ainda que é un tema duro e difícil de tratar ela é capaz de conseguir darlle un tinte de alegría e de cor a todo o que fai».
Martín Lestao é un dos artistas que non estivo na inauguración
e pare el Silvia tivo unhas bonitas e emotivas palabras. «Precisamente máis que
nunca forma parte do certame porque a parte de montar a exposición escribiu o
texto do cartaz y é ademais coidador,
precisamente non está aquí porque ten que atender a súa nai», subliñou
Fiallega.
No recinto si estaban Ignacio Castro «Nachok» que presenta fotografía e Patricia Fernández Paz responsable dos carteis e tarxetóns que presenta tamén unha obra. «Mi obra es un poco caos, está sin acabar y hace referencia al Alzheimer. Todo es arquitectónico, solo me gusta la arquitectura. En ella utilizo rotulador, vinilo, un poco de sprays y acrílico», di en referencia a súa obra.
Se queres escoitar o audio onde Silvia Fiallega conta as experiencias de cando se fixo o libro cos debuxos de AFAN Burela fai click na seguinte ligazón: