lunes 6/12/21
Vilamartín

O Robledo celebra o San Cosme cunha romaría

Case que medio cento de persoas saíron pasadas as 9:30 horas, do 25 de decembro, da praza de Vilamartín rumbo ao Robledo para revivir a romaría do San Cosme. Oito quilómetros de ida e outros tantos de volta para pasar o día e recuperar unha tradición, que como nos dicía Rique Barreiro, alcalde de Vilamartín, “Faise esta romaría para recuperar o típico dos pobos, para que a xente volva as festas andando como se facía antes”. Con este fin recuperouse a Ruta dos Muíños, unha senda  que como recordou Barreiro, “limpámola vai cinco anos. Este camiño estaba cego, non se podía pasar por el estaba cheo de maleza, hai cinco anos rozamos e desde aquela vámolo mantendo”.

É un camiño onde se poden ver a fauna típica da zona, iso si, con moita sorte e sen facer ruído. Zorros, corzos, perdiz, xabaríns, esquíos, salamandras, teixos e incluso lobos díxonos Barreiro, “é zona onde abonda a caza, pero hoxe esperemos que os cazadores nos respeten como fan todos os anos”.

Respecto a flora, os rebolos, castiñeiros, toxos, amorodeiros, apareceron durante case todo o camiño, “é impresionante o souto de castaños que hai antes de chegar a Cernego”, dixo Rique, “podemos ver pendellos, sequeiros e incluso as lagas que se usaban para regar os prados. É tempo das merendeiras, unhas flores pequenas que cando saen deixábannos de dar a merenda, isto era porque os días xa eran mais curtos e as ceas facíanse antes e non se merendaba”.

Antes de emprender a subida ao Robledo puidemos admirar a singular arquitectura de Cernego, “un pobo moi bonito que se está recuperando, aínda que tamén hai casas que se están caendo hai outras que se están restaurando xa que a xente sigue vindo no verán. Presenta unha arquitectura singular, interesante, distinta; si o miras desde enfronte da a sensación que as cubertas teñen a mesma caída, aínda que a teñan a dúas augas, parece que é todo el unha nave. A saída do pobo vimos as pegadas dos carros nunha zona rochosa, o camiño está feito en chapacuña”.

Xa no Robledo escoitouse a misa na honra do santo, San Cosme, houbo pulpo, callos e churrasco para os que non levamos carabela e despois do xantar, xogo dos bolos, baile e o remate a típica queimada.

Houbo menos xente que na anterior edición pero como nos recordou Rique, “é un día malo polo das eleccións e tamén polas vendimas”. O final foron case un os que participaron da romaría do San Cosme no Robledo.

Comentarios
O Robledo celebra o San Cosme cunha romaría